Coidemos o planeta

Coidemos o planeta!

1/11/10

A aventureira gota Xe

 Érase unha vez Xe, unha gotiña de auga que ía descubrindo o mundo: descubriu todos os mares, foi pola atmosfera e, cada vez, caía nun país distinto.
 Un día, pasou algo raro: a gotiña caeu nun lugar diferente. Caeu nun encoro. Alí coñeceu a novos amigos e atopou outras antigas. Unha gota, a máis grande de todas, dixo en voz alta:
 _ Todas vostedes van ser utilizadas para que a xente poida beber. Pasarán por tres fases, despois botarémoslle cloro e, por último, serán embotelladas.
 Todas as gotiñas estaban asustadas agás Xe.
   Xe estaba contenta e emocionada, xa que nunca estivera nun encoro, e pensaba que xa o coñecía todo. Ao pasar pola primeira fase os paus, as botellas e as cousas grandes, quedaron atrás. Na segunda fase, as follas e as cousas de tamaño un pouco máis pequeno tamén foron quedando. E na terceira fase, Xe estaba a xogar á pita cega e non puido ver o que pasaba, pero decatouse que todas estaban máis limpas.
 Unha vez rematadas as tres fases, tocoulles a cada mil millóns de gotiñas mesturarse cunha gotiña de cloro. Saíron a unha especie de piscina para ser embotelladas. Ao ser embotelladas volveron a xogar á pita cega para non marearse.
 Cando parou o coche que as transportaba, sacaron as botellas e metéronas no centro comercial.
 Pasaron os días e Xe seguía alí, no andel. Ata que un neno sedento colleu a botella e bebeuna enteira, agás unha gota: Xe.
 O neno levou a botella para a súa casa e segue a reenchela, pero Xe segue sen deixarse beber por el.
 Sabela García Blanco, 6º A

4/5/10

Parques Nacionales

Parque Nacional das Illas Atlánticas

7/3/10

Mareas

As mareas son o resultado da influencia da Lúa sobre a Terra.

6/3/10

TORRE DE HÉRCULES

Ti es a guía                 



Dos nosos barcos


Nas noites escuras


Desde os romanos.


Faslle compaña á lúa


Como unha estrela


Miña Torre de emeralda


Miña Torre de Hércules.


Da túa luz quedeime namorado.


Ti es a miña preferida,


Ti marcas o meu sendeiro.


Brais Calvo Teijeira, 5º A

8/2/10

31/1/10

Serrat



Joan Manuel Serrat - Mediterráneo

A contaminaciónda auga

5. A contaminación da auga por tuberías de refugallos debe ser controlada dalgunha maneira.O déficit local e rexional de agua é debido, sobre todo, ao aumento das necesidades surxidas do desenvolvemento económico e da explosión demográfica. O homeu tilizou a agua para fins cada vez máis numerosos, e a súa dependencia dese elemento non fixo máis que medrar.


el ciclo del agua

26/1/10

Animais en perigo de extinción

O lince ibérico é o felino que corre maior perigo de extinción no mundo. A súa poboación descendeu á metade nos últimos 10 anos e na actualidade só quedan 600 exemplares, algúns deles illados nuns poucos redutos da Península Ibérica que, para a súa desgraza, lles impide o intercambio xenético.
Lince Ibérico

25/1/10

Chegan novos tempos

Podemos dicir que estamos nunha nova era.