Coidemos o planeta

Coidemos o planeta!

1/11/10

A aventureira gota Xe

 Érase unha vez Xe, unha gotiña de auga que ía descubrindo o mundo: descubriu todos os mares, foi pola atmosfera e, cada vez, caía nun país distinto.
 Un día, pasou algo raro: a gotiña caeu nun lugar diferente. Caeu nun encoro. Alí coñeceu a novos amigos e atopou outras antigas. Unha gota, a máis grande de todas, dixo en voz alta:
 _ Todas vostedes van ser utilizadas para que a xente poida beber. Pasarán por tres fases, despois botarémoslle cloro e, por último, serán embotelladas.
 Todas as gotiñas estaban asustadas agás Xe.
   Xe estaba contenta e emocionada, xa que nunca estivera nun encoro, e pensaba que xa o coñecía todo. Ao pasar pola primeira fase os paus, as botellas e as cousas grandes, quedaron atrás. Na segunda fase, as follas e as cousas de tamaño un pouco máis pequeno tamén foron quedando. E na terceira fase, Xe estaba a xogar á pita cega e non puido ver o que pasaba, pero decatouse que todas estaban máis limpas.
 Unha vez rematadas as tres fases, tocoulles a cada mil millóns de gotiñas mesturarse cunha gotiña de cloro. Saíron a unha especie de piscina para ser embotelladas. Ao ser embotelladas volveron a xogar á pita cega para non marearse.
 Cando parou o coche que as transportaba, sacaron as botellas e metéronas no centro comercial.
 Pasaron os días e Xe seguía alí, no andel. Ata que un neno sedento colleu a botella e bebeuna enteira, agás unha gota: Xe.
 O neno levou a botella para a súa casa e segue a reenchela, pero Xe segue sen deixarse beber por el.
 Sabela García Blanco, 6º A

No hay comentarios:

Publicar un comentario